Os contos son unha parte fundamental no desenvolvemento e consolidación de aprendizaxe nos nenos e nenas.
Con eles se fomentan valores e principios fundamentais, ademais de axudar, entre outras moitas cousas, a que aumente a súa creatividade e imaxinación.
Na web existen infinitos recursos e contos que aproveitamos no día a día na clase. Aquí facemos unha selección destes recursos, concretamente de contos con animais coma protagonistas.
CONTOS CURTOS: Aquí podemos atopar unha gran selección de títulos, tanto clásicos coma orixinais para ler e disfrutar e sobre todo para fomentar o hábito da lectura. Son textos curtos e dinámicos que non requiren un excesivo tempo de atención e concentración.
VÍDEO-CONTOS DE MASCOTAS
Esta é unha pequena selección dalgún vídeo-conto publicado na rede sobre mascotas. Visualizamos vídeos para fomentar a atención e a comprensión.
Os/as alumnos/as de Educación Especial convertéronse en auténticos reporteiros.
Por mor da situación de pandemia que estamos vivindo estas entrevistas non puideron ser presenciais e tivemos que realizalas por videochamada.
Isto non foi ningún problema para que estes intrépidos entrevistadores amosasen a súa habilidades realizando interesantes preguntas para coñecer máis sobre as mascotas.
Grazas os entrevistados por colaborar con nós e poder pasar, aínda que de xeito virtual, un ratiño tan agradable.
Entrevista con María e os cans Dado e Lily
Entrevista con Natalia, Carlos, Raúl e a tartaruga Michelangelo