domingo, 7 de febrero de 2021

Reporteiros por un día

Os/as alumnos/as de Educación Especial convertéronse en auténticos reporteiros. 
Por mor da situación de pandemia que estamos vivindo estas entrevistas non puideron ser presenciais e tivemos que realizalas por videochamada.
Isto non foi ningún problema para que estes intrépidos entrevistadores amosasen a súa habilidades realizando interesantes preguntas para coñecer máis sobre as mascotas. 
Grazas os entrevistados por colaborar con nós e poder pasar, aínda que de xeito virtual, un ratiño tan agradable. 

Entrevista con María e os cans Dado e Lily

Entrevista con Natalia, Carlos, Raúl e a tartaruga Michelangelo 

Entrevista con Sandra, Natalia e a cadela Kitty

No hay comentarios:

Publicar un comentario