lunes, 11 de enero de 2021

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Os Reis Magos deixaron na aula unha mensaxe para os nosos alumnos que tan ben se portaron e tanto traballaron durante o primeiro trimestre do curso.

Xunto coa carta un agasallo nos esperaba o primeiro día do ano.
A MASCOTA SAPOCONCHO

Unha riquiña tartaruga que nos acompañará este curso e grazas a cal investigaremos e aprenderemos sobre as mascotas.

Para poñerlle ritmo a este proxecto, adaptamos con pictogramas unha divertida e pegadiza canción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario