miércoles, 5 de mayo de 2021

Visita da Protectora de Animais do Morrazo

 A protectora de Animais do Morrazo é unha asociación que ten como obxectivo encontrar fogar a animais que foron abandoados ou maltratados.
Este curso os/as alumnos/as do Colexio Compañía de María reunimos cartos para apadriñar catro preciosos canciños: Gym, Swaiper, Laki e Ina. 
Os/as alumnos/as de Educación Especial coñeceron, grazas a unha presentación pictografiada, a súa importante labor así como os coidados e necesidades dos cans. 
Despois tivemos a visita de persoal da Protectora xunto coa da Policía Local. 
Tamén tivemos a oportunidade de coñecer a Leo, un precioso canciño o cal cautivou os nosos alumnos que xa están desexando poder visitar a protectora para poder acompañar nos rutinarios paseos ós cans que acolle esta fabulosa e necesaria Asociación.
Grazas pola vosa marabillosa labor! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario